VI TORNEO BENXAMÍN – 2023

O REAL MADRID, CAMPIÓN DA VI EDICIÓN DO TORNEO CONCELLO DE A ESTRADA.

Chegaron a A Estrada coa intención de revalidalo título e conseguírono. O Real Madrid levouse o trofeo de campión do noso torneo Benxamín e fíxoo amosando a súa superioridade en case tódolos partidos que tiveron lugar o sábado no Novo Municipal.

Foi un día intenso de fútbol, emoción e suspense provocado pola choiva e saraiba que fixo acto de presenza á primeira hora da tarde, obrigando a suspender o encontro mentres se disputaban os cuartos de final.

Calmada a situación atmosférica, o balón voltou rodar e Real Madrid e RC Celta disputaron unha boa final na que os madridistas foron quen de remontar e conseguir levarse, por segundo ano consecutivo, o trofeo de campión.

Real Madrid, Campión Edición do 2023.
RC Celta, Subcampión.

Completaron o podio o Sp. Xixón, moi serios e armados durante o campionato, e o Depor que, logo de facer un gran torneo, viviu un momento amargo nas semifinais diante do RC Celta cun posible gol fantasma. Cousas do fútbol…

En canto os nosos, sufriron na fase de grupos pois tódolos rivais foron de altos vos pero deron a cara e viviron unha experiencia que esperamos sexa inolvidable para eles. Finalmente fixéronse coa fase de consolación na que conseguiron vencer á SD Ponferradina e a UD Mos e empatando co Conxo-Santiago.

Vémonos nun ano!

EEFB. Gañador da Fase de Consolación.

Sábado 27 de Xuño. NOVO CAMPO MUNICIPAL DE A ESTRADA.

Algunhas das mellores canteiras nacionais e portuguesas xúntanse en A Estrada para disputar un dos torneos de maior arraigo na nosa comunidade.
Un día de fútbol base no que preto de 200 cracks do futuro, nados no ano 2014, buscarán ser os campións do torneo.
¡Comezamos!

DESCARGAR CALENDARIO VI TORNEO BENJAMÍN CONCELLO DE A ESTRADA 2023